coiraza

Albert Lynch: Jeanne d’Arc (1903)

coiraza

co tempo
unha vaise convencendo
de non estar feita
para estas cousas
faise forte
arma a súa coiraza
deféndese das arremetidas
dos malvados
das feridas
xa non agarda finais felices
nin bicos con fundido en negro
nin apertas de madrugada

mais de golpe
chegas ti
sen avisares

e a miña coiraza na tinturaría

non sei se terei coraxe abonda
amor
para quererte

apértasme no medio da noite
a min
que nin sequera
sei anoar ben os cordóns
dos zapatos

a dureza levoume
a engano

unha cae na conta
ao final
unha cae na conta
o corazón bate
trémenme as mans

ao final caio na conta

coraxe nunca foi sinónimo de coiraza

Noelia Pena, 2009

Deja un pensamiento

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s