He buscado en la noche

Anish Kapoor: Untitled (1987)

MATERIA

Cadencia y ritmo,
y augur
de cosas que tú aventas
con tus dedos abiertos,
hacia mis ojos, recargados
de tu sospecha.

Comezón dolorosa
de tu ausencia,
y lento repasar entre las cosas
nuevas
y entre las viejas.

Y cegadora nota última
-confirmación de la sospecha
que gravita en mis ojos-
cuando sucede la experiencia.
He buscado en la noche,
hundido mis brazos
-materia de la noche-,
y te he tropezado entre mis dedos,
concreta.

Vicente Aleixandre: Ámbito, Edición facsímil de la Revista Litoral, Málaga, 1928, p. 100

desfile intermitente

Henri Matisse: The Blue Window (1913)

The stuff the dreams are made of

Por ti sobrevivir coa forza necesaria
para erixirme en sombra do que fun
Sen ti ser eu de novo
orfo doutro destino
resignado a ser eco da túa ausencia
vida e morte en desfile intermitente
Humildemente ser nada por ti
unha figura fuxidía na sombra
da mesma materia que os nosos soños
co esprito intoxicado de nostalxia.

Lois Pereiro: Poemas 1981-1991, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2010, p. 73

cabeza de proa

Sam Francis: Blue Blood Stone (1960)

(…)

oh, luz amigábel

oh, fresca fonte da luz

Aqueles que non inventaron nin a pólvora nin o compás

Aqueles que nunca souberon do mar nin o vapor nin a electricidade

Aqueles que non exploraron nin os mares nin o ceo

mais aqueles sen quen a terra non sería a terra

xibosidade tanto máis benéfica que a terra deserta,

máis que a terra

silo onde se preserva e madura o que de máis terra ten a terra

a miña negritude non é unha pedra, a súa xordeira arrebolada

contra o clamor do día

a miña negritude non é unha nube de auga morta no ollo morto da terra

a miña negritude non é nin unha torre nin unha catedral

 

fúndese na carne vermella do chan

fúndese na carne ardente do ceo

atravesa o abatamento opaco da súa erguida paciencia.

 

Eia polo Kailcedrato real!

Eia por aqueles que nunca inventaron nada

por aqueles que nunca exploraron nada

por aqueles que nunca domaron nada

 

mais abandónanse, cativados, á esencia de todo

ignorantes das superficies mais cativados polo movemento de todo

despreocupados de domar, mais a xogar o xogo do mundo

 

verdadeiramente son os fillos maiores do mundo

os poros abertos a todos os alentos do mundo

eira fraternal de todos os alentos do mundo

leito sen escape de todas as augas do mundo

fulgor do lume sagrado do mundo

carne da carne do mundo latexando co movemento mesmo do mundo!

 

Tépedo mencer de virtudes ancestrais

 

Sangue! Sangue! todo o noso sangue conmovido polo corazón viril do sol

aqueles que saben da feminidade da lúa de corpo de aceite

a exaltación reconciliada do antílope e da estrela

aqueles cuxa supervivencia avanza na xerminación da herba!

Eia perfecto círculo do mundo e pechada concordancia!

 

Escoitade o mundo branco

terriblemente canso do seu esforzo inmenso

as súas articulacións rebeldes renxen baixo as estrelas duras

as súas rixideces de aceiro azul atravesan a carne mística

escoita as súas vitorias desleais anunciar as súas derrotas

escoita nas súas grandiosas coartadas o seu torpe tropezar

 

Piedade para os nosos vencedores omniscientes e inxenuos!

 

Eia polos que nunca inventaron nada

por aqueles que nunca exploraron nada

por aqueles que nunca domaron nada

 

Eia pola alegría

Eia polo amor

 

Eia pola dor nas ubres de bágoas reencarnadas.

E aí está ao esmorecer a alba a miña pregaria viril non quero oír nin as risas nin os gritos, coa mirada fixa nesta cidade que eu profetizo, fermosa,

dádeme a fe salvaxe do feiticeiro

dádelle ás miñas mans forza para moldear

dádelle á miña alma a afouteza da espada

non me agocho, para nada. Facede da miña cabeza unha cabeza de proa

e de min mesmo, corazón meu, non fagades nin un pai, nin un irmán,

nin un fillo, mais si o pai, o irmán, o fillo,

nin un marido, mais si o amante deste pobo único.

 

Facédeme rebelde a calquera vaidade, mais dócil ao seu xenio coma o puño á extremidade do brazo!

Facédeme comisario do seu sangue

facédeme depositario do seu resentimento

facede de min un home de determinación

facede de min un home de iniciación

facede de min un home de recollemento

mais fai tamén de min un home de sementeira

 

facede de min o executor destas altas obras

(…)

 

Aimé Césaire: Caderno dun regreso á terra natal, Laiovento, Santiago de Compostela, Trad. de Manuel Ángel García Fernández, 2019, pp. 48-51

fe de vida

Francis Picabia: L’Oeil, Caméra (1919-1922)

NANA DE LAS CICATRICES

No cabe duda de que el peso,
si nos referimos a los desperdicios,
es de suma importancia,
sobre todo
para determinar su naturaleza,
ya que existen muchas clases de desperdicios.
Hay desperdicios minuciosos,
desperdicios ingrávidos,
y, debido a ello, el peso es decisivo.
Ese es el caso de la cicatriz.
Es un desperdicio ingrávido,
pero también es una fe de vida.
El peso de una hoja
es igual al de una cicatriz.
Eso cantaban los expertos
en el funcionamiento de las básculas.

Francisca Aguirre: Nanas para dormir desperdicios [2006-2010], en Ensayo General. Poesía Reunida, Calambur, Madrid, 2018, p. 421